Saltar ao contido

Altiplano brasileiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaAltiplano brasileiro
Imaxe
Tipoentidade territorial
gran provincia ígnea
terras altas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBrasil Editar o valor en Wikidata
Mapa
 17°40′S 49°12′O / -17.67, -49.2
Características
Punto máis altoPico da Bandeira (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (2.891,32 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie4.500.000 km² Editar o valor en Wikidata

O altiplano brasileiro ou altiplano central do Brasil é a denominación habitual da rexión que se estende polo Distrito Federal, Goiás, Minas Gerais, Tocantins, Mato Grosso e Mato Grosso do Sul. É unha extensa rexión xeográfica que cobre a maior parte das porcións leste, sur e central do Brasil, totalizando case a metade da área terrestre do país, ou 4,5 millóns de quilómetros cadrados. Alén diso, unha considerábel maioría da poboación brasileira vive nas montañas ou na estreita rexión costeira inmediatamente adxacente a el. Ten como límite norte o altiplano cearense (Nordeste Setentrional), como límite leste o altiplano da Borborema, como límite sur o altiplano norte-gaúcho (sur da serra sulina) e como límite oeste as terras altas centro-otesinas. No sur de Minas localízase a súa parte máis alta.[1]

Antigos fluxos de lava basáltica deron orixe á maior parte da rexión. Non obstante, o longo tempo de actividade xeofísica dramática pasou e agora non hai actividade sísmica nin vulcánica no altiplano. A erosión tamén desempeñou un papel importante na formación do altiplano, formando extensos depósitos sedimentarios e desgastes nas montañas.

O altiplano brasileiro é salientable debido á gran diversidade que se atopa: na rexión hai varios biomas, condicións climáticas, xeoquímica diverxente (por exemplo, o tipo rochoso atopado na divisa SC-RS e en Torres diverxe bastante do que se atopa na Serra da Borborema, que é máis parecido ao que se ve na serra capixaba) e milleiros de especies animais e vexetais diferentes.

Subunidades

[editar | editar a fonte]

Segundo Aroldo de Azevedo (1949), o altiplano brasileiro divídese en cinco subunidades:[2]

  • Altiplano central
  • Altiplano meridional
  • Altiplano do medio-norte (ou do Maranhão-Piauí)
  • Altiplano do nordés (ou da Borborema)
  • Serras e altiplanos do leste e do sueste.

Topografía

[editar | editar a fonte]

A súa altitude é variábel (entre 305 e 915 metros), o altiplano está bastante erosionado e cortado por varias cadeas montañosas e numerosos vales. Parte do terreo restante está composto por planicies denominadas cerrados e grandes áreas cubertas de forestas.

Os altiplanos están delimitados por escarpas (ramplas ou aclives que xorden nos bordos de altiplanos e serras), onde o proceso de degradación supera o de deposición de sedimentos. Pode presentar varios trazos.

As súas principais cordilleiras sono a serra da Mantiqueira, a serra do Mar e a serra Geral. A altitude media das serras é de arredor de 1200 metros sobre o nivel do mar. Os principais picos son o Pico das Agulhas Negras (2791 metros) na serra da Mantiqueira, e o Pico Maior de Friburgo (2232 metros) na serra do Mar.

  • Os que están constituídos por rochas moi antigas, arrasadas por moitas fases de erosión, con gran complexibilidade de rochas, predominando as metamórficas da era Proterozoica (esas rochas son alteracións de rochas ígneas) son os chamados altiplanos de plataforma. Existen tres áreas con esas características no Brasil: a plataforma das Güianas, a sur-amazónica e a do São Francisco.
  • O segundo tipo de altiplanos que se atopan no Brasil corresponde ao de "cinto oroxénicos", moi antigo, de diversa idade do precámbrico, moi desgastado polas varias fases erosivas ocorridas, aínda que gardando un aspecto serrano. Debido aos varios dobramentos, aparecen, alén das rochas metamórficas, moitas intrusións e ata efusións volcánicas. Eses cintos son os do Atlántico, o de Brasilia e o de Paraguai-Araguaia, e, nas exposicións de intrusións, aparecen os núcleos arqueados, como o de Borborema e p Sul-Riograndense.
  • O último tipo de altiplanos no territorio brasileiro é o das tres grandes concas sedimentarias: amazónica, do Parnaíba ou Maranhão e a do Paraná. Os altiplanos aí formados constitúense en rochas sedimentarias do Paleozoico e do Mesozoico, producidas por depósitos mariños e continentais.
  1. Enciclopedia Británica (ed.). "Brazilian Highlands". Consultado o 21 de maio de 2018. 
  2. Azevedo, Aroldo de. "O Planalto Brasileiro e o problema da classificação de suas formas de relevo". Boletim Paulista de Geografia, n. 2, p. 43-50, xullo de 1949. ligazón. [p. 43-44, 51-53].